Goiáns prepárase para acoller unha nova edición da Romaría das Letras

BOIRO> A romaría das Letras, que alcanza este ano a súa trece edición, consolídase xa como un referente comarcal na celebración do Día das Letras Galegas.

Baixo a organización conxunta e colaborativa da Asociación Cultural Barbantia e o Concello, a cita terá lugar este venres no Pazo de Goiáns.

O programa para ese día será do máis diverso con música e baile tradicional, roteiros, obradoiros, e presentacións literarias..pero tamén moito máis.

Dende o Concello destacaron a importancia desta cita, animando a participar na Romaría, acudindo tamén caracterizados con algún elemento da roupa tradicional galega.