Ribadumia contrata a unha empresa para limpar o monte e aforrar os custos aos veciños

RIBADUMIA> Ribadumia contrata un servizo de limpeza de montes para recoller a madeira das diferentes parcelas. O concello pon a disposición dos veciños este servizo para aforrar custos tralo proceso de concentración parcelaria. A empresa utilizará a medira recollida para convertela en enerxía renovable.

A concentración parcelaria de Lois – Montes de Ribadumia obrigou aos  propietarios a cortalo arborado. Tras esta actuación, a lei de montes de Galicia obriga aos propietarios a limpar as parcelas. Para aforrar este traballo aos veciños, o concello contrata á empresa Greenalia.

A empresa encargarase de recoller a madeira. O seu traballo consiste en converter a biomasa en enerxía renovable.

Este servizo estará dispoñible para case todos os veciños. Para poder optar a el é necesario que as fincas teñan un bo acceso debido ao gran tamaño da maquinaria.

Grazas a esta empresa os veciños aforran o custo da limpeza á vez que favorecen á enerxía circulas. Aqueles propietarios que non queiran utilizar este servizo deberán informalo no concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí