Boiro adopta medidas de reforzo da seguridade na contorna dos centros escolares

BOIRO> O concello de Boiro está a acometer unha serie de actuacións por todo o municipio para reforzar a seguridade viaria. Ademais de executar melloras na contorna dos centros educativos, implantouse o sentido único en varias rúas do casco urbano.

Ademais da campaña de control de tráfico que está a desenvolver a Policía Local de Boiro para reducir a sinistralidade, o concello acometeu unha serie de actuacións encamiñadas a incrementar a seguridade dos condutores e dos peóns. O reforzo da sinalización, alumeado e instalación de redutores de velocidade realizouse principalmente en vías secundarias e na contorna de centros escolares.

Tamén se acometeron actuacións similares nas inmediacións do colexio de Escarabote e da Galiña Azul e están a piques de comezar as obras na contorna do CEIP Santa María do Castro e no instituto de Espiñeira con cargo ó POS da Deputación da Coruña.

No que respecta ó centro de Boiro tamén se acometeron cambios na rúa Nova e no Corrillo que pasaron a ser dun único sentido para a posta en valor do antigo Ca,iño real polo que discorre a Ruta Xacobea A Orixe.

Estes cambios dan continuidade ós xa implantados na rúa Cruceiro onde tamén se habilitou unha zona de estacionamento nunha parcela adquirida polo concello en réxime de alugueiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí