Ribeira fai unha nova oferta pública de emprego

RIBEIRA>  Entre os postos a cubrir no Concello, con praza fixa, atópanse o de auxiliar de biblioteca e o de arquitecto técnico.

O concello de Ribeira vén de aprobar cecentemente as bases de contratación para unha convocatoria de oposicións para a cobertura de varias prazas de traballadores municipais. Entre as vacantes a cubrir figuran a de auxiliar de biblioteca e arquitecto técnico.

A maiores tamén se prevé a creación dunha bolsa de emprego para a contratación temporal dun psicólogo e persoal docente para o conservatorio municipal de música, entre outras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí