BOIRO> Tras dous anos sen celebracións multitudinarias, Boiro retoma a programación da Semana Santa. As actividades serán practicamente as mesmas que en anteriores edicións, con procesións o venres de Dores, o domingo de Ramos e o Xoves e Venres Santo.
O programa de celebracións da Semana Santa boirense arrancará o venres 8 de abril co pregón a cargo do bispo auxiliar de Santiago, Francisco José Prieto.
Será o pistoletazo de saída a unha semana repleta de actos litúrxicos e procesións, entre as que destaca a do Ecce Homo e o Santo Enterro.
Os diferentes actos están promovidos pola Irmandade Cristo da Misericordia en colaboración co concello.