Ribeira repartirá 8.500 bonos comercio para obter descontos este Nadal

RIBEIRA> A partir deste medianoite pódense descargar os bonos ofertados polo concello de Ribeira para dinamizar as vendas no comercio local durante este Nadal. Poranse en servizo un total de 8.500 bonos con descontos de ata 30 euros en numerosos establecementos comerciais de todo o municipio.

Un ano máis, o concello de Ribeira volve lanzar a campaña de dinamización do comercio local Amaribeira. Trala primeira fase, na que se distribuíron.bonos para compras en liña a través da plataforma Ribeira Store, esta medianoite ábrese o prazo para a descarga dos bonos que permitirán obter descontos en tendas físicas.

Sen dúbida, unha importante inxección económica non só para os comercios senón para os petos de tódolos ribeirenses que este ano terán descontos nas súas compras navideñas