Detido un boirense relacionado co alixo de cocaína incautado en agosto en Camariñas

BOIRO> Detido un boirense relacionado co alixo de 1400 quilos de cocaína que foran localizados nun barco no porto de Camelle a principios de agosto. Trátase do propietario da embarcación, Luis Alfredo Yáñez, que se atopaba en busca e captura dende o achado da droga. Daquela tan só fora detido o mariñeiro que estaba a bordo do barco no momento da incautación.

A pesar da importancia desta nova detención posto que permite seguir avanzando nas pescudas tampouco é determinante posto que os investigadores sospeitan que tan so tivo o papel de testaferro operativo, poñendo o barco a disposición da rede de narcotráfico que trataba de introducir a cocaína.

Trala detención, os axentes da policía Nacional realizaron un exhaustivo rexistro na vivenda de Yáñez co fin de achar novas probas que permitan chegar ata a núcleo da organización criminal.