Noia volverá a render homenaxe ó ‘San Cosmeiro’

NOIA> Noia prepárase xa para recibir unha das súas citas festivas do verán, como é o San Bartolomeu. Dentro da programación deseñada, cada ano vai cobrando maior protagonismo a iniciativa veciñal ‘Ponte un San Cosmeiro’, coa que se pretende poñer en valor a nosa cultura tradicional, que chega este ano a súa oitava edición.

O día grande será o sábado 20 de agosto. As actividades iniciaranse a partir das once da mañá, coa concentración dos grupos de gaitas tradicionais na Praza do Tapal para posteriormente percorrer as distintas rúas da vila.

Tamén haberá obradoiros, xogos tradicionais, exhibicións de baile e degustación de empanadas.

Tampouco faltará a música, coa actuación pola tarde do grupo Os Melidaos.

Dende a organización desta cita festiva quixeron agradecer a colaboración de diferentes establecementos comercias e empresas, así como ó artista Eduardo Hermo, autor do cartel deste ano, no que representou ó noiés Felipe de Castro, primeiro escultor do rei Fernando VI, lucindo un San Cosmeiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí