O bo tempo favoreceu a afluencia de público ó San Marcos

 NOIA> Éxito de público na feira cabalar de San Marcos que se celebrou durante toda a xornada en Noia. O bo tempo animou a xente de toda Galicia a participar nesta cita con gran tradición.

{flowplayer}barbanza/feiracabalarsanmarcos.flv{/flowplayer}

Despois dun San Marcos pasado por auga como foi o do ano anterior, os noieses tiñan as súas expectativas postas nas boas previsións meteorolóxicas desta edición. O tempo non defraudou e o sol luciu durante toda a xornada facendo aínda máis apetecible pasar esta xornada festiva na vila noiesa.

Durante toda a xornada desenvolvéronse concursos morfolóxicos, espectáculos ecuestres e exhibicións de doma que congregaron numeroso público.

Entre os asistentes, sobre todo amantes mundo do cabalo, aínda que tamén moitos visitantes atraídos pola idea de pasar un día de festa.

Máis ou menos afeccionados, o certo é que todos desfrutaron desta feira, unha das máis importantes e tradicionais de toda Galicia.

Redacción Barbanza