O club náutico do Freixo contará cunha base contra a contaminación

presidente_portos_freixo.jpgOUTES> O presidente de Portos, Juan José Durán, visitou esta mañá as obras do inmoble nunha encontro ao que tamén asistiu o alcalde.

{flowplayer}barbanza/visita_presidente_portos.flv{/flowplayer}

As obras do futuro club náutico do Freixo serviron esta mañá de pano de fondo no que o presidente de portos de Galicia, Juan José Durán, anunciou a instalación, no edificio, dunha nova base de equipamento de loita contra a contaminación e de reforzo da seguridade. En virtude dun acordo asinado entre o concello e a entidade portuaria autonómica, as actividades náutico-deportivas conxugaranse coas propias dun centro de vixilancia costeira, que aliviará, ao único centro desta características que existía pola zona, o da Pobra do Caramiñal.

 A outra marxe da ría

Así, esta nova sede centrarase na vixilancia, na loxística e na conservación portuaria de toda a zona do Freixo, da marxe dereita da ría de Muros e da maior parte dos portos da Costa da Morte. Ademais, como anunciou o alcalde de Outes, Carlos López Crespo, o inmoble servirá tamén como centro sociocultural para os veciños do Freixo. Unha nova aposta portuaria, que conta cunha dotación de preto de cincocentos cincuenta e sete mil euros, e que amplía os horizontes turísticos e de calidade da comarca.

Redacción Barbanza