O incendio da Barbanza pasa a estar controlado

BARBANZA> Cambio na situación do incendio de Boiro. Logo dunha semana, a consellería de Medio Rural informou de que xa está controlado, aínda que levaba estabilizado dende o pasado domingo. Un avance máis cara a súa extinción definitiva.

Aínda así, na zona seguen a traballar numerosos medios, avaliando danos e actuando sobre a superficie queimada. Polo de agora non varían os números en canto á superficie arrasada polas lapas, que afectaron á practica totalidade da Serra do Barbanza.

A Consellería segue a falar de 2.200 hectáreas de monte pertencente ós concellos de Boiro, que foi onde se orixinou o lume, Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Durante este tempo traballaron na súa extinción un total de 10 técnicos forestais, 109 axentes, 190 brigadas, 103 motobombas, 13 pás, 5 unidades técnicas de apoio, 15 avións e 12 helicópteros, así como tamén a Unidade Militar de Emerxencias, a UME.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí