A Policía detén ó presunto autor dun incendio en San Pedro de Muro

detencionpiromanoson_100_190907.jpgPORTO DO SON > A Policía Autonómica procedeu á detención dun mozo de 34 anos como presunto autor dun incendio rexistrado en San Pedro de Muro.

Funcionarios pertencentes ó Grupo de Incendios da Unidade do Corpo Nacional de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma en Santiago detiveron a un home de 34 anos, que responde ás iniciais de M.A.G., como presunto autor dun incendio forestal na parroquia de San Pedro de Muro, no concello de Porto do Son.

O lume tivo lugar o pasado día 14, cando o detido se atopaba facendo unha tala autorizada de eucaliptos para unha empresa madeireira. Unha das árbores ó derrubarse cortou os cables do tendido de alta tensión que transcorre pola zona, iniciando así o incendio, que afectou a 0,5 hectáreas de terreo arborado. Para a súa extinción foi necesaria a utilización de medios terrestres e aéreos. Por estes feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ó Xulgado de Instrución de Garda de Noia.

Con esta nova detención xa son 52 as persoas postas a disposición xudicial pola Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita por delictos de incendios forestais.

Redacción Barbanza