BARBANZA> Volve unha edición máis de ‘Paisaxes Sonoras’.
O festival, organizado pola mancomunidade Barbanza Arousa, celebrarase no mes agosto, do 23 ó 25.
Esta mañá tiña lugar a súa presentación oficial.
Un acto que contou coa presenza do presidente da Mancomunidade, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e os concelleiros de Cultura dos catro concellos que a integran, ademais da xerente da entidade, Fátima Cachafeiro.
Nesta ocasión os artistas convidados serán Abraham Cupeiro, Uxía e Ruibal, The Rapants e Xurxo Fernandes e Pan sen Fron.
O festival arrancará o dia 23 coa actuación de Abraham Cupeiro en Boiro, ás oito da tarde no pazo de Goiáns.
Seguiralle o dia 25, ás doce do mediodía o de Uxía e Ruibal en Ribeira, no parque periurbano de San Roque.
O seguinte concerto será o The Rapants na Pobra ás oito no miradoiro de Cabío, para poñer o broche final en Rianxo o dia 25, ás doce, con Xurxo Fernandes e Pan sen Fron, no pazo de Rianxiño.
Dende hoxe as entradas xa están á venda no portal Ataquilla, sendo unicamente abonos para os catro concertos, cun custe de 20 euros máis gastos de xestión.











