Miles de visitantes consolidan a Feira Medieval de Noia na súa décima edición

feiramedieval_100_160707.jpgNOIA > Máis de cen mil visitantes pasaron esta fin de semana pola Feira Medieval de Noia que acadou xa a  súa décima edición.

Dende primeira hora da mañá do sábado, centos de veciños e visitantes, abarrotaban as rúas de Noia. A maioría deles, ataviados con traxes da época, non quixeron perderse a ampla oferta de actividades enmarcadas na Feira Medieval de Noia, que este ano acada xa a súa décima edición.

E é que esta festa ofrece moito ós seus visitantes. Ademais de espectáculos de todo tipo ( animacións, teatro na rúa, música e danza ou cetrería), a feira conta cun mercado no que se pode atopar case de todo: gastronomía, instrumentos musicais, herbas medicianis ou mesmo cosméticos; iso sí, todo elaborado de forma artesanal, como se estivesemos na Idade Media.

feiramedieval_200_160707.jpgÁ ampla oferta, sumouse este ano o bo tempo, que incrementou aínda máis a afluencia de público. O feito de que non fixera demasiada calor pero si unha temperatura agradable contribuíu a que máis de cen mil persoas visitaran a feira durante toda a fin de semana.

Historia e tradición

Un balance máis que positivo para o concello que ve, como tras dez anos de celebración, a feira medieval de Noia atópase plenamente consolidada. O departamento de Cultura destinou este ano unha partida de trinta mil euros para a súa organización ós que se veñen sumar os 1.500 euros aportados polos empresarios da zona.

Unha inversión que permitiu á vila noiesa retroceder centos de anos atrás, converténdose no que están a ver: unha auténtica vila medieval vestida de gala para render homenaxe ó seu pasado e á súa historia.

Redacción Barbanza