POIO> Abertas as visitas á Illa de Tambo, en Poio. O concello habilitou esta posibilidade que, segundo explican, se desenvolverá en grupos limitados, acompañados por un guía e accedendo só polo peirao. Para entrar na illa será necesario ter unha autorización, que se pode conseguir na web de Turismo de Poio. Tamén haberá que mercar o billete nos portais web o unas oficinas das dúas navieiras que se encargarán das viaxes.
O concello de Poio pon en marcha as visitas á Illa de Tambo.
Organizaranse de xeito controlado, sempre en grupos reducidos e a través de dúas navieiras: Mar de Ons e Pelegrín. Os billetes terán un custo de 12,50 euros. Tamén será necesario contar cunha autorización de acceso, que pode conseguirse na web do concello e turismodepoio.gal.
As visitas dividiranse en catro quendas diarias e terán unha duración de aproximadamente tres horas. Todos os visitantes terán unha serie de normas que cumprir, dirixidas a garantir a conservación de Tambo.
O concello tamén contempla autorizar o acceso a asociación ou colectivos que o soliciten. Será en datas distintas ás visitas guiadas, cun máximo de 50 persoas e respectando as instrucións do guía e de todo o persoal que traballe en Tambo.