Gonzalo Caballero asegura que Pontevedra é a gran prexudicada cos orzamentos da Xunta

PONTEVEDRA> O secretario xeral do PSdeG achegouse hoxe ata Pontevedra para avaliar os Orzamentos Xerais do Estado. Gonzalo Caballero asegurou que estes presupostos benefician a Galicia e, xustamente por iso, criticou a posición do PP e do BNG. Deste último partido lamentou a “falla de corresponsabilidade”.

Así valorou Gonzalo Caballero a posición do PP e do BNG en relación aos Orzamentos Xerais do Estado. O secretario xeral do PSdeG achegouse hoxe ata Pontevedra para poñer en valor uns presupostos que, segundo el, benefician a Galicia.

Tras o eloxio aos Presupostos Xerais do Estado, Gonzalo Caballero aproveitou esta rolda de prensa para facer o contrario cos orzamentos da Xunta. O líder do PSdeG lamentou a caída da inversión en áreas como Educación ou Sanidade.

O PSdeG asegura que Pontevedra é a gran prexudicada cos orzamentos da Xunta. De feito, o secretario xeral do PSOE lamentou o “maltrato” do goberno galego con esta provincia e, en especial, coa sanidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí