LOUSAME> Rubén Martínez Mayo gañou por cuarta vez o Trail Curto de Lousame. Compartiu podio con Apolonia Bermúdez, campioa feminina na mesma distancia. Mentres, Roberto García González e Fina Blanco Pena proclamáronse vencedores do Trail Longo.
Malia que non o tiña doado, dado o alto nivel dos seus competidores, Rubén Martínez Mayo proclamouse campión do Trail Curto de Lousame, revalidado así o título que xa obtivera nas edicións de 2021, 2020 e 2018.
O corredor do Club Atletismo Negreira cruzou a liña de meta catro segundos antes que Roberto García González, gañador do Trail Longo marcando así un fito na historia desta proba posto que é a primeira vez nas sete edicións que un atleta da proba curta chega á meta de primeiro. Fíxoo nun tempo de unha hora, 6 minutos e 1 segundo, seguido de Rubén Caamaño Nieto e Ismael García Carballo.
Na categoría feminina a vitoria foi para Apolonia Bermúdez, que compartiu podio con Beatriz Barroso e Carla Carolina Liñares. O palmarés no Trail Longo estivo constituído por Roberto García, Marcos Antonio Pascual e Fran Salgueiro, dándose a circunstancia de que era a primeira vez que os tres participaban na proba. Igual aconteceu coas gañadoras na categoría feminina: Fina Blanco, Nuria Figueira e Montse Solís.
Ademais dos premios ós tres primeiros clasificados en cada categoría, entregáronse por primeira vez as distincións ós mellores deportistas locais para Manuel gómez e Andrea Gómez no Trail longo e Fran Oviedo e Elena Torea no curto. O premio ó club máis numeroso foi para o Tribu Trail. A pesar da chuvia e o frío, a xornada desenvolveuse sen incidencias e preto de 300 corredores conseguiron completar percorrido.









