A campaña estival de doazón de sangue recala esta fin de semana en Ribeira

RIBEIRA> A campaña especial de doazón de sangue deste verán recalará en varios puntos de Ribeira esta fin de semana. Dende o concello animan ós ribeirenses a facer gala da súa solidariedade, tal e como amosaron o pasado ano cunha taxa de doazóns 9 puntos por riba da media galega.

Ribeira, Aguiño e Palmeira serán os puntos ata onde se desprace a unidade móbil de doazón de sangue esta fin de semana, no marco da campaña especial de verán.

Dende o concello de Ribeira fan un chamamento á cidadanía para que se achegue a doar confirmando a tendencia a alza rexistrada durante o pasado ano que pechou cunha taxe de 48 doazóns por mil habitantes.

Para realizar as doazóns deben permanecer en xaxún durante dúas horas antes como mínimo. Tamén é necesario levar o DNI ou calquera documento acreditativo se están a tomar medicación.