Peche das concesións marisqueiras de Ribeira

RIBEIRA> A confraría de Ribeira comezou a pechar progresivamente as autorizacións de traballo. Unha vez pasadas as festas de Nadal, a baixada de prezo da ameixa babosa fixo que a agrupación optara por ir reducindo progresivamente as zonas de traballo.

Co peche progresivo das concesións, a confraría de Ribeira despide unha campaña modesta marcada pola escaseza de ameixa.

Non axudou tampouco o libre marisqueo, lastrado pola escasa produtividade dos bancos de Cabío e do Bohído. Aínda que en Ribeira, tan só estaban a faenar nas zonas de libre un día á semana, si se notou a caída da producción.

Así as cousas, os profesionais dedicaranse a outras artes coa vista posta na futura campaña que se presenta optimista ante a gran presenza de cría.