A POBRA> A Pobra volverá camiñar unida contra o cancro. O domingo 14 de xuño terá lugar unha nova edición da andaina solidaria. Ademais das probas, que se dividen en dúas distancias, haberá actividades para nenos e animación musical.
A xunta local da Asociación Española contra o Cancro segue a recadar fondos para a investigación. O domingo 14 terá lugar a andaina solidaria que contará con dous percorridos. Sairán ás dez da mañá dende a Praza Alcalde Segundo Durán onde terá lugar unha actuación musical a cargo dos alumnos de BoaVibra Academia.
Ó remate das probas haberá obradoiros infantís, patrocinados pola clínica dental Doutor Gonzalo López Castro, e a actuación de DJ Jalaiko que colaboran desinteresadamente no evento xunto co concello da Pobra.
As inscricións xa se poden realizar nos habituais puntos de venda da asociación. A cota será de 5 euros para adultos e 3 para menores de 12 anos. Cada participante recibirá un dorsal personalizable no que poderá escribir unha dedicatoria ou mensaxe de apoio á loita contra o cancro.











