RIBEIRA> Denuncian ó concello de Ribeira por presuntas irregularidades no proceso de estabilización dos auxiliares de Policía Local. Adxudicouse unha praza a un aspirante que se atopaba por baixo doutros catro na lista.
As presuntas irregularidades na adxudicación de prazas durante o proceso de estabilización dos auxiliares da Policía Local de Ribeira motivaron unha denuncia por prevaricación contra o concello.
No escrito que acompaña a demanda explícase que tras unha serie de renuncias non se respectou a orde da lista para cubrir as vacantes, adxudicándose unha praza ó aspirante que quedarse no decimo terceiro lugar en lugar do noveno, tal e como correspondía.
Ademais da presunta prevaricación, o demandante considera tamén que existiu vulneración de dereitos fundamentais así como acoso laboral. Tamén presentou outra denuncia por un presunto delito contra a protección dos riscos laborais posto que, di, o material co que os auxiliares desenvolven o seu traballo é escaso e se atopa en mal estado.