BOIRO> Despois de varios anos sen celebrarse, Abanqueiro recupera a súa tradicional Romaría de Exipto, grazas ó empeño dunha renovada Comisión que puxo todo o seu traballo e esforzo para que a cita volvera a celebrarse co esplendor de antano.
O cartel verase ampliado de un a tres días, dende o venres 2 ó domingo 4, con múltiples actividades, mesturando a parte lúdica cos oficios relixiosos.
O día grande, o domingo celebrarase a tradicional procesión, e posteriormente a afamada romaría popular.
Dende o Concello, que colabora na organización, fan unha chamada a asistir á festa.











