PORTO DO SON> A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou esta mañá en Porto do Son ós 20 nenos e nenas que participan nun dos minicampamentos organizados pola Xunta que se está a desenvolver no Cámping Fraga Balada baixo o lema ‘Experiencia en Corrubedo’ dirixido a nenos de entre os nove e os doce anos.
Durante cinco días os nenos desenvolven todo tipo de actividades relacionadas co medio natural.
A cifra de participantes nestes minicampamentos está incluida nas máis de 11.600 prazas que a Xunta ofrece este verán, récord de oferta.











