RIBEIRA> Aínda coa resaca da festa do percebe, Aguiño prepárase para vivir outra exaltación gastronómica dun dos seus produtos máis prezados: a navalla. Será o domingo 10 de agosto na explanada do porto.
A Comisión de Festas de Aguiño asumiu a organización da festa da navalla que se celebrará o próximo 10 de agosto na parroquia ribeirense. O prezo da ración será de 13 euros que conseguiu manterse grazas ó acordo acadado coa confraría de Aguiño posto que nesta primeira quincena de agosto a cotización deste marisco tende a dispararse.
O concello colabora na organización cunha achega económica que agarda incrementar en vindeiras edicións. A exaltación gastronómica contará tamén con animación musical cun grupo contratado polo concello.











