Multitudinaria ‘caravana’ na honra a San Cristovo en Outes

OUTES> Outes viviu esta pasada fin de semana as súas festas patronais. O programa deseñado incluíu numerosas actividades, con actos relixiosos e actuacións musicais.

Pero o momento máis agardado por todos tiña lugar onte domingo coa tradicional caravana de vehículos de San Cristovo.

Nesta edición o número de camións, motos e coches que acompañou á imaxe do Santo foi se cabe maior que o de anos anteriores.

A caravana iniciouse no Parque da Cruz, onde se celebrou unha misa de campaña.

Rematado o oficio relixioso iniciouse o percorrido dos vehículos totalmente engalanados para a ocasión ó longo da estrada 550 que atravesa a localidade ata chegar ó Freixo, onde se deu por concluída coa tradicional sardiñada popular.

A caravana foi seguida por numeroso público ó longo de toda a travesía, principalmente ó seu paso polo centro da Serra, con numerosos veciños presenciando o percorrido dos vehículos en ambas marxes da estrada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí