A confraría de Noia solicita unha parada biolóxica subvencionada pola alta mortaldade de marisco

NOIA> Novo revés para os mariscadores da ría de Muros-Noia, que tiñan previsto reiniciar a campaña extractiva este vindeiro luns.

A xunta xeral do pósito decidiu suspender a volta ós areais ata novo aviso, despois de comprobar unha alta mortaldade do marisco.

A causa parece ser a baixa salinidade das augas, debido ás intensas chuvias rexistradas durante os meses de decembro e xaneiro pasados.

Ante esta situación tan grave, a Confraría xa anunciou que ten intención de solicitar ante a Xunta de Galicia unha parada biolóxica subvencionada para tratar de compensar as perdas dos produtores.

No pósito non lembran unha situación tan crítica como a que están a vivir actualmente, que está a poñer en serio risco tamén a vindeira campaña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí