RIBEIRA> Ribeira organizará un percorrido matutino das súas maxestades a bordo do bus real. A Cabalgata da Tarde incorporará importantes novidades no seu percorrido que por primeira vez pasará polo barrio das Abesadas.
Ó redor de 200 persoas participarán na cabalgata de Ribeira que sairá ás seis da tarde do porto, a onde os Reis Magos chegarán a bordo dunha dorna. Xa en terra percorrerán as principais rúas do casco urbano cunha comitiva integrada por seis carrozas
A cabalgata que , por primeira vez, incluirá no seu percorrido o barrio das Abesadas, culminará na praza do concello coa tradicional recepción e o belén vivinte organizado pola asociación cultural Alfaia.
Para aqueles que non poidan desprazarse ata Ribeira, o bus real percorrerá tódalas parroquias do municipio pola mañá. Melchor, Gaspar e Baltasar subiranse a un autocar de época para levar os seus mellores desexos a tódolos recunchos do concello.











