Festa do basket en Rianxo coa primeira edición do ‘3×3 na Rúa’

RIANXO> Rianxo acollía este pasado sábado a primeira edición do Torneo 3×3 na Rúa organizado polo Club Baloncesto Rianxo, en colaboración co Concello.

A competición tiña lugar na praza Virxe da Guadalupe, e nela tomaron parte un total de 16 equipos, 8 en categoría menores e 8 na de adultos.

Á par da propia competición en sí, foi un día de festa, na que tódolos equipos participantes deixaron patente a súa paixón por este deporte.

Dende o Club organizador agradeceron a colaboración do Concello, como tamén das distintas casas comerciais e empresas locais que apoiaron esta iniciativa.

O éxito desta edición, fai pensar xa na súa continuidade en anos vindeiros.