RIANXO> Nestes dous primeiros anos de mandato o executivo rianxeiro veu realizando un importante esforzo inversor en materia de saneamento e abastecemento de auga, para dotar destes dous servizos básicos a todas aquelas zonas do municipio que carecen deles.
Para o goberno local estas actuacións, xunto coas realizadas na mellora de firmes e pavimentacións de núcleos, son dous dos eixes fundamentais do seu programa de goberno.
Dende o equipo de goberno entenden que esta debe ser unha das súas prioridades, polo que teñen intención de continuar con este tipo de actuacións en vindeiros anos, ben con fondos propios ou con achegas doutras Administracións.











