Noia Histórica repartirá 40 cadeiras de praia na campaña ‘Ola, primavera’

NOIA> Noia Histórica dá a benvida á primavera cunha campaña comercial para animar as vendas ata finais de abril. Repartirán 40 cadeiras de praias entre os clientes que xunten un mínimo de cinco tíckets de compra por valor de 120 euros en total.

Uns 80 establecementos participarán na campaña Ola Primavera que vén de poñer en marcha Noia Histórica. Desta volta non haberá sorteos senón que os clientes que xunten 120 euros en compras, cun mínimo de cinco tíckets, recibirán unha destas cadeiras de praia como agasallo directo.

O concello de Noia colabora con esta iniciativa que contribúe a poñer en valor un tecido comercial cada vez máis puxante que sitúa á vila á cabeza da comarca.

Este domingo instalarase un posto informativo na praza do Cantón para informar da campaña que se desenvolverá ata o 30 de abril e que contempla tamén a realización de 25 vídeos de moda das tendas asociadas.