O PORTO DO SON> Van alá xa 38 ediciónz da regata Mar de Fisterra –Trofeo Pitusa Sabín. Co paso dos anos a proba xa está máis que consolidada no calendario de vela galego, sendo ademais a máis lonxeva das que organiza o Real Club Náutico de Portosín.
Nestes últimos anos a regata adquiriu se cabe un maior relance, grazas ó patrocinio da familia Hernández-Sabín, que lle dá nome á regata, e ó feito de ser valedoira tamén para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia e puntuable para a Copa Galicia de Cruceiros.
Na proba, que se desenvolverá en dúas xornadas, o sábado 22 e o domingo 23, prevese unha participación de preto das trinta embarcacións chegadas dende diferentes clubs de toda Galicia.
Dende hai uns doce anos conta co patrocinio do matrimonio formado por Pitusa Sabín e Jacinto Hernández,que exercen como mecenas desta regata.
–inserto
A presentación contou ademais coa presenza do concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, ademais do presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, e representantes da Xunta de Galicia e da Confraría de Pescadores de Portosín, que colaboran tamén na organización da regata.










