Noia propón a ampliación do asilo para convertelo en residencia e centro de día

NOIA> O concello de Noia traballa tamén para contar cun centro de día. O alcalde mantivo unha xuntanza coa Conselleira de Política Social para trasladarlle o proxecto de ampliación do actual asilo para convertelo en residencia e centro de día.

O obxectivo do concello de Noia é obter vías de financiamento que permitan a ampliación do actual asilo que xestiona a Fundación Blanco Romero Monroy.

A Conselleira acolleu con interese esta proposta polo que se comprometeu nos próximos meses a colaborar para a concreción do proxecto posto que a Fundación que xestiona as instalacións xa ten un acordo para a posta a disposición dos terreos. Durante a reunión, alcalde e conselleira avanzaron tamén noutras cuestións de interese para o municipio como servizo de axuda no fogar e a atención á dependencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí