O vindeiro martes arranca a programación de concertos do corservatorio municipal de Noia

NOIA> O próximo martes 31 de outubro no Coliseo Noela arrancará a programación de concertos do alumnado do conservatorio profesional Felipe Paz Carbaajal.

Será un por mes ata maio, mes no que están previstas dúas actuacións, para enlazar posteriormente co Xuño Musical.

Tódalas actuacións serán de balde ás oito e media da noite.

A estes concertos sumaranse tamén outras actuacións fóra do municipio, en concellos veciños, que xa se levaran a cabo, con gran éxito, en anos anteriores, e nas que tomarán parte todo o alumnado do centro: orquestra, banda e coro.

Outras das novidades da programación este ano será un Concerto de Película, que terá lugar en maio.

Dende o Concello, que colabora con esta actividade, destacaron o traballo que realiza o Conservatorio, tanto o profesorado como o alumnado do Centro, ó longo do ano, e o feito de realizar actividades para a veciñanza.

A programación completarase cun concerto didáctico previsto tamén para maio ou os concertos de Nadal nos colexios Felipe de Castro e Alexandre Rodríguez Cadarso.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí