Entregan máis de 3000 sinaturas reclamando melloras sanitarias na Pobra

A POBRA> A Plataforma en Defensa de Sanidade Pública do Barbanza entregaba esta mañá no concello da Pobra as máis de tres mil sinaturas recollidas nas últimas semanas. Reclaman á Consellería a cobertura de tódalas prazas médicas e a apertura do PAC en quenda de tarde.

Tras meses de mobilizacións e unha intensa campaña de recollida de sinaturas, os membros da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza lograron máis de 3300 apoios para facer chegar as súas reivindicacións á Consellería de Sanidade.

Este mediodía presentaban as firmas no rexistro do concello da Pobra acompañadas dun escritos coas súas principais demandas, entre as que destaca a apertura do PAC polas tardes e a cobertura das prazas para reducir as listas de agarda.

Ademais desta protesta, a plataforma celebrará unha concentración en Ribeira o próximo luns ás oito da tarde para esixir melloras na atención primaria..