Outes presenta obras por un total de millón e medio de euros

OUTES>  As actuacións serán financiadas con cargo ós remanentes de tesourería, que ascenden no seu total a uns catro millóns de euros. A proposta seralle presentada ó resto de grupos da corporación no vindeiro pleno municipal.

O alcalde, Manuel González, presentou esta mañá unha relación de obras que o Concello executará con cargo ós remanentes de tesourería. En liñas xerais as actuacións a realizar dividiranse en tres grandes apartados. O primeiro deles, cun orzamento de preto dos 600 mil euros, destinarase á mellora do actual sistema de saneamento, destacando a reparación da EDAR de Outes, por un importe de máis de 325 mil euros.

Outro importante bloque, cun orzamento duns 450 mil euros, irá á realización de proxectos de mellora e reparación de camiños e vía públicas en distintas parroquias do municipio.

O outro apartado, dotado cun 228 mil euros, irá destinado ó mantemento de espazos de lecer e infraestruturas pública, destacando o mantemento dos paseos marítimos do Freixo e Broña, do paseo fluvíal do río Tines así como a reparación das instalacións do club de remo Taxamar, en Pontenafonso.

O alcalde agarda que a proposta presentada sexa do agrado de tódolos grupos da corporación, para a que espera contar co seu apoio, xa que, segundo el, son actuación urxentes e moi necesarias para a mellora da calidade de vida dos veciños do municipio.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí