Noia licita a mellora da accesibilidade nas beirarrúas do Obre

NOIA> O concello de Noia iniciou o proceso de licitación do acondicionamento das beirarrúas do lugar do Obre. A actuación, orzamentada en preto de 100 mil euros, suporá unha notable mellora da accesibilidade na zona así como un incremento da seguridade viaria.

A principios de febreiro rematará o prazo para a presentación de ofertas ó proxecto de acondicionamento das beirarrúas na marxe dereita do lugar do Obre, no concello de Noia.

Esta actuación, cun presuposto próximo ós cen mil euros financiados con fondos propios, sumarase a outras de eliminación de barreiras arquitectónicas que se están a acometer por todo o concello co fin de conseguir un concello máis accesible.