Boiro avanza na mellora das infraestruturas deportivas

BOIRO> O concello de Boiro avanza na mellora de varias infraestruturas deportivas do municipio. Mentres as obras do campo da Mina avanzan a bo ritmo, o pleno xa aprobou a solicitude dun convenio á Deputación para a renovación do céspede artificial de Vista Alegre.

A pesar do retraso que acumulou inicialmente a reforma do campo da Mina por mor do mal tempo, os traballos comezaron a coller ritmo nas últimas semanas polo que a instalación entrará en servizo para a próxima tempada. 

A esta actuación sumarase a renovación do céspede artificial do primeiro campo de Vista Alegra para a que o pleno xa acordou a solicitude dun convenio á Deputación da Coruña.

Con respecto ó campo de Bealo, do que o BNG vén reclamando a urxente mellora, o alcalde volveu insistir na necesidade de que os terreos sexan cedidos ó concello como paso previo a calquera actuación con fondos públicos.

O concello ten como prioridade actuar tanto en Bealo como en Abanqueiro pero xa  lle trasladou ás directivas a necesidade de cumprir con este requirimento xurídico de carácter obrigatorio.