Boiro mantense fiel á súa cita ca camelia

BOIRO> O pazo de Goiáns será un ano máis escenario da exposición da Camelia Sasanqua e outras, que chega este ano a súa vinte edición.

A cita, organizada pola concellería de Cultura e Turismo, en colaboración coa Sociedade Española da Camelia, terá lugar esta fin de semana, o sábado 14 e o domingo 15.

Ó longo das dúas xornadas haberá múltiples actividades.

Na mostra participarán este ano ó redor preto de 30 expositores chegados dende toda Galicia, e mesmo de Portugal.

Dende o Concello fan unha chamada a visitar o salón expositor con máis de 48 metros desta flor xa característica da nosa xeografía.