A Pobra oferta cursos de competencias clave e informática

POBRA> As solicitudes recollidas no servizo de Orientación do Concello de moitos veciños que non dispoñían da titulación requirida para acceder a determinadas prazas laborais ou poder realizar outros estudos, foi unha das razóns que levou ó Concello a solicitar estas dúas accións formativas para mellorar a empregabilidade e a capacitación.

Neste caso ous dous certificados de profesionalidade que se levarán a cabo serán o de competencias clave e informática.

Os dous cursos desenvolveranse nas instalacións do Centro de Formación Profesional Divino Maestro da localidade. O primeiro deles, o de competencias clave, dará comezo o vindeiro 23 de novembro, mentres que o de informática iniciarase o 12 de decembro.

O número de prazas dispoñibles é de 15 por certificado, un 80% dirixido a persoas desempregadas e un 20% a ocupadas.

O prazo de matrícula xa está aberto e o trámite deberase formalizar no dito centro de estudos. Para máis información as persoas interesadas poden chamar ó teléfono do Servizo de Orientación Laboral do Concello, o 981-37 76 10.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí