Mimarte levará a escea este domingo o musical ‘Non estamos Tolas’

RIBEIRA> O Grupo de Teatro Musical Mimarte estreará este domingo en Ribeira a súa obra ‘Non estamos Tolas’. A actuación, prevista para as sete e media da tarde no novo auditorio, ten carácter benéficos posto que a Asociación Española contra o cancro recadará fondos mediante a venda de rifas.

Unha obra orixinal escrita por Tania Fuegho e un elenco de primeira no que actores profesionais compartirán escenario con afeccionados que se acaban de iniciar neste mundo, son a carta de presentación de ‘Non estamos tolas’, o musical que o grupo Mimarte ofrecerá este domingo en Ribeira.

A función dará comezo ás sete e media da tarde e o reparto das invitacións comezará unha hora antes ás portas do auditorio.  Aínda que a entrada é de balde, poderase colaborar coa AECC mediante a compra de rifas coas que se optarán a unha vintena de premios doados por empresas locais.

Como aperitivo, hoxe coláronse na presentación tres personaxes que xa nos deixaron ver que as risas están aseguradas.