A orquestra Sons repasará os clásicos do Nadal o 10 de xaneiro en Ribeira

RIBEIRA> A orquestra Sons volverá ofrecer un espectáculo en Ribeira durante o Nadal. Será o 10 de xaneiro cando suban á escena acompañados por outros músicos convidados para ofrecer ós asistentes un repertorio que combina clásicos do Nadal.

O concerto da orquestra Sons xa é unha cita obrigada do Nadal de Ribeira. Nesta ocasión programaron para o 10 de xaneiro un espectáculo no auditorio municipal que combina tradición e modernidade repasando algúns clásicos navideños, dende panxoliñas ata grandes éxitos internacionais e mesmo unha peza propia.

Ademais dos músicos desta formación, unha das poucas de Galicia de pulso e púa, subirán ó escenario  as voces de recoñecido coro Vox Stellae.

As entradas sairán á venda o próximo luns a través de www.ataquilla.com ou de xeito presencial na oficina de Atención Cidadá do concello. O prezo será de 31 euros máis gastos de xestión.

Dende o concello animan ós veciños a asistir a este espectáculo único que propón unha viaxe través de melodías que forman parte do imaxinario colectivo nestas datas tan sinaladas.