Máis de setecentas persoas reúnense no Xantar dos Maiores de Boiro

BOIRO> Preto de setecentos cincuenta maiores participaron no Xantar da Terceira Idade celebrado en Boiro. A comida prolongouse cunha longa sobremesa e posterior baile.

Día de festa para os maiores de Boiro que un ano máis ateigaron o pavillón de Barraña para participar no Xantar da Terceira Idade. Ademais dun completo menú a base de marisco, peixe e carne, os asistentes disfrutaron dunha sobremesa en boa compaña e do posterior baile que se prolongou durante toda a tarde.

A xuntanza, na que participaron setecentas corenta e cinco persoas, estivo presidida polo alcalde de Boiro e o xerente do Consorcio Galego de servizos Sociais. Ámbolos dous mandatarios destacaron o importante papel dos maiores na sociedade polo que figuran como prioridade nas axendas das distintas administracións.