Capturas abundantes e a bo prezo nos primeiros días da campaña da centola

RIBEIRA> Unha semana despois da apertura da campaña da centola, as capturas seguen a ser moi boas.  A abundancia de marisco mantén os prezos bastante asequibles. Na praza de abastos de Ribeira ía hoxe entre os 10 e os 17 euros.

Había ganas de centola. Sábeno ben na praza de abastos de Ribeira onde, dende que abrira a campaña a pasada semana, están a rexistrar gran demanda do crustáceo.Durante as fins de semana é cando se rexistra maior volume de vendas aínda que ten saída practicamente toda a semana posto que vai a bo prezo para os consumidores.

Hai que, pola contra, prefire agardar a unha ocasión especial ou mercala cando vaia máis barata.

Pola contra, hai quen xa pregunta pola centola para conxelar de cara ó Nadal aínda que as expertas aconsellan agardar un par de semanas para que o marisco estea no momento óptimo á hora de consumilo.

No que si coinciden tanto vendedores como consumidores é na abundancia e, sobre todo, na boa calidade da centola nestes primeiros días de campaña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí