A POBRA> Tralas grandes citas deportivas que se desenvolveron na Pobra nos últimos meses, este sábado disputarase a XIX Bandeira de Traíñas Concello da Pobra. Trátase da primeira das oito regatas que conforman a Liga B deste ano, na que participarán seis clubs galegos.
O campo de regatas do peirao comercial da Pobra acollerá este sábado o inicio da Liga B de Traíñas na que participan, ademais do club anfitrión, o Club de Remo Cedeira, o Club Regatas Perillo, o Club do Mar Bueu, o Club de Remo Chapela e Club de Remo Náutico Ribeira.
O formato de competición será de regata en liña de dúas quendas a seis longos cunha distancia de máis de cinco quilómetros e medio.En total, repartiranse catro mil euros en premios. dende o concello da Pobra agarda que a bandeira quede na casa e animan ós veciños a achegarse a animar ós remeiros.











