RIANXO> O Partido Socialista faise eco tamén dos problemas derivados da falla de pediatra no centro de saúde de Rianxo.
A través da deputada Noa Díaz presentaron no Parlamento unha serie de iniciativas esixíndolle á Xunta que garanta a cobertura deste servizo na localidade durante todo o ano.
O candidato socialista á alcaldía, Óscar Rial, considera necesario o reforzo da pediatra, xa que a titular do servizo leva soportando dende hai tempo unha carga asistencial inasumible, con máis de corenta pacientes nunha soa xornada.