O PP da Pobra acusa ó executivo local de querer darlle as costas ós veciños

POBRA> Os populares entenden que este debería ser o momento de axudar ás empresas e veciños da vila que o están a pasar mal debido á crise sanitaria.

Irresponsable. Así cualifica o voceiro popular, Manuel Duran, ó actual executivo de Nós Pobra e Partido Socialista. Segundo el, isto é o que se evidencia despois do pleno celebrado na noite de onte, na que o goberno municipal votou en contra dun paquete de medidas que os populares presentaron de cara a paliar a actual situación provocada pola pandemia, para axudar tanto a negocios coma ós propios veciños da vila.

Segundo o voceiro popular a resposta do goberno local para desbotar as súas propostas é que eran demasiado ambiciosas, superando o millón de euros. Unha cantidade, para o equipo de goberno, difícil de asumir, por parte das arcas municipais.