SANXENXO> Sanxenxo acolle entre este xoves e venres un Congreso Internacional de Pesca e Turismo. Organizado polos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, o foro aborda cuestións clave como o turismo mariñeiro sostible, a diversificación da pesca artesanal e a valorización dos produtos do mar. No encontro, inaugurado pola conselleira do Mar, están a participar diversos expertos nacionais e internacionais.
Sanxenxo celebra entre este xoves e venres o Congreso Internacional de Pescaturismo e Turismo Mariñeiro. Un evento destinado a profesionais do mar, do sector turístico e da economía azul.
A conselleira do Mar foi a encargada de inaugurar o congreso, impulsado polos GALP, os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro. Villaverde destaca o seu papel como axentes dinamizadores do sector.
O congreso aborda cuestións clave como o pescaturismo en Galicia, o turismo mariñeiro sostible, a diversificación da pesca artesanal e a valorización dos produtos do mar. Nel están a participar expertos nacionais e internacionais, co caso de Sanxenxo e O Salnés como exemplo.
Nestas xornadas tamén se inclúen experiencias prácticas de turismo mariñeiro, achegando actividades reais como o marisqueo, o traballo das redeiras ou a actividade nas lonxas.











