O presidente da Deputación insiste no ‘compromiso’ con Pasarón e acusa ao concello de ir ‘a rebufo’

PONTEVEDRA> Dende a Deputación de Pontevedra, o presidente pronunciouse sobre este anuncio. Luis López acusou ao concello de ir a rebufo dos anuncios realizados polo vicepresidente Rafa Domínguez no que ao estadio de Pasarón se refire.

Recordou que a Deputación leva a este pleno unha modificación de crédito de máis de 800.000 euros para participar no financiamento destes traballos de reforma. Tamén insistiu en que se trata dun estadio de titularidade municipal.