Alumnos con necesidades especiais examínanse da ABAU no centro da ONCE en Pontevedra

PONTEVEDRA> Case 1.300 estudantes comezaron hoxe no campus de Pontevedra os exames da ABAU, a antiga selectividade. Durante tres xornadas terán que demostrar o seu dominio dos contidos para conseguir a nota suficiente para acceder á carreira universitaria que queiran facer. As probas fanse maioritariamente no campus pero e xeito paralelo tamén se celebran no Centro de Recursos Educativos da ONCE. Aquí unha quincena de estudantes de toda Galicia con necesidades educativas especiais tamén se enfrontaron ao primeiro día de exames.

Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade, a tan coñecida como temida ABAU. Hoxe comezaron en Galicia estes exames. No campus de Pontevedra con case 1.300 estudantes que buscan conseguir a nota para entrar na carreira universitaria escollida.

En Pontevedra non só o campus acolle estas probas. Tamén o Centro de Recursos Educativos da ONCE. Ata aquí se despraza o alumnado de toda Galicia con necesidades educativas especiais.

Este ano son 15 alumnos os que se examinan neste centro único en Galicia. Algúns teñen problemas visuais, como Miguel, que se chegou dende Bueu para facer a proba.

Outros como Raquel, teñen algunha condición física que lles obriga a facer os exames de pé ou deitados. Ou que, como Lucía, precisan de máis tempo para examinarse.

No caso de Lucas, o fillo de María, o seu TDAH fai que a mellor opción para el sexa realizar a ABAU nun espazo illado.

Todos eles encontran no Centro de Recursos Educativos os medios que precisan para completar os exames. Dende probas en braille ata facelas ao ditado. Iso si, os contidos, a ilusión e os nervios, son os mesmos para todos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí