A Escola de Verán de ‘Boa Vida’ organizará a primeira Escola de Formación Política da entidade

PONTEVEDRA> A asociación Boa Vida, de Pontevedra, prepara a décimo primeira edición da súa Escola de Verán. Os días 1, 2 e 5 de setembro a entidade celebrará tres xornadas de formación e unha exposición. As actividades centraranse en dar a coñecer o labor do fundador de Traperos de Emaus Iternacional, o traballo do obradoiro de reciclaxe téxtil de Boa Vida e as opción e axudas que están en marcha para as persoas en situación de exclusión social.

O mes de setembro arranca bulindo de actividade para a asociación Boa Vida de Pontevedra. A entidade prepara a décimo primeira edición da súa Escola de Verán.

O día 1, a partires das 6 da tarde, a sala Nemonon acollerá unha conferencia sobre as modificacións da Lei de Estranxeiría. Estará ofrecida pola mediadora intercultural Gemma Vilas e a avogada especialista en migración Maribel Álvarez. O venres 2, ás 11.00 da mañá, o director de Traperos de Emaús de Pamplona, José María García, inaugurará a Primeira Escola de Formación Política de Boa Vida, tamén na Sala Nemonon.

Xa o luns 5, entre as 5 e as 7 da tarde, Boa Vida explicará o traballo que se realiza no seu obradoiro téxtil. Iniciativa coa que se busca dar unha nova vida ás teas que xa non usamos.

O traballo deste obradoiro estará expostos nunha mostra que se poderá visitar na Sala Nemonon os tres días de actividades. A programación complétase cunha tertulia-café para analizar a crise post-covid e a guerra de Ucraína. Celebrarase na tarde do día 3 a partires das 5 na sede que Boa Vida ten na rúa Seca. Todas as actividades son gratuítas e abertas ao público.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí